Inés Mirás (Sinesita)

Dende pequeniña, contar historias a través de notas musicais sempre foi a súa máxima aspiración. Comezou a tocar o clarinete aos 7 anos nun pequeno pobo de Galicia chamado Ordes. Mudouse posteriormente a Santiago de Compostela para estudar artes escénicas, produción audiovisual e de espectáculos, e rematar o Grao Profesional en Guitarra. Residindo entre Barcelona e Compostela, actualmente compaxina a composición co deseño e implantación de espazos sonoros (videoxogos) e coa interpretación, tocando a guitarra en “A banda da Loba”.

MÁIS INFORMACIÓN: Web persoal