La Pepa

Artista emerxente na escena galega é A Pepa. A súa proposta musical enmárcase dentro do hiphop e, aínda que iniciou o seu proxecto fai apenas tres anos (2019), xa conta cunha media de 1000 visualizacións na súa canle de Youtube e case 2000 seguidores nas súas redes. Este ano lanzou Puñais, o seu primeiro EP.