Olga Andrés, baixo o pseudónimo “labolboretmusic”é unha artista de dilatada carreira musical encima dos escenarios. Desde os seus inicios no concurso de bandas “Imagina Rock” de Cadena 100 no ano 1996, Olga Andrés non deixou de virar por escenarios, realizando concertos, aparicións en TV e prensa, entrevistas en Radio, gravacións e colaboracións. Conta con tres maquetas gravadas con Moncho Lusquiños no Taller de Música de Ourense: “Por si mañana sucede que no canto” (1998) “Vamos a contar verdades” (2000) “Ella y yo” (2003). “Mujer” (2008) convértese no seu disco de referencia. Un disco auto editado, gravado nos estudos Océano Estudo coa produción de Javier Abreu. Posteriormente chega a colección de cancións baixo o título “El cometa” (2013), un traballo que busca novas direccións. En 2019 publica o seu primeiro libro de poemas baixo o título “Mírame a los ojos”.
“De aspecto fráxil, pero poderosa por dentro, cunha gran sensibilidade que transmite unha gran pureza interior. Enerxética, combativa, esperta… Olga transmite feeling e moita sinceridade. Dalgunha maneira é a voz da súa xeración” (crítica de Jaime Noguerol – xornalista e escritor)