Lara Rodríguez

Lara Rodríguez empezou na música aos 4 aniños aínda que a súa nai dille que “comezou a cantar antes que a falar”.

Chamábanlle moito a atención as harmonías vocais e os instrumentos. Por iso, sempre estivo en diferentes agrupacións coros, corais, coro-show (o cal dirixiu con 17 anos sendo unha das directoras máis nova de galicia) e sempre cantou en diferentes grupos con amigas onde o importante era a harmonía vocal. Tamén aprendeu a tocar varios instrumentos para poder acompañarse como o piano ou a guitarra, e co que máis se divirte, a batería.

Estudou maxisterio musical polo “por se a caso” de se na música non lle fose ben e tivese que ser mestra, pero ela tiña moi claro cal quería que fose o seu futuro e ía loitar por iso.

“E niso estou. Formo parte de Broken Peach desde hai máis de 10 anos e aos poucos imos crecendo. A verdade é que é moi sacrificado e hai que ter moita paciencia porque ninguén che regala nada salvo que teñas un golpe de sorte. Hai que ser constante, loitador e nunca desistir porque o esforzo ao final ten a súa recompensa. Por sorte, nós podemos dicir que vivimos diso e imos seguir loitando para facelo cada vez mellor.

Estamos a aprender moito xa que nun grupo non só te dedicas a subir a un escenario e tocar, hai moito máis detrás e no noso caso, todo o facemos nós, si, todo!”, conta Lara.

“É difícil e sacrificado pero todo o bo que che achega é indescritible. Só o podes entender se o vives”. Lara espera seguir dedicándose a isto moito anos máis e desexa que o vexades.

Fotografía: Cris Andina