Laura García

Comezou a estudar música aos 13 anos co uso da guitarra na escola de música Alfaia (Santiago de Compostela). Foi despois que fundou a súa primeira banda de rock melódico chamada Beyond Heaven coa que tocou en directo onde foi posible facelo e desde entón estivo inmersa en numerosos proxectos de diferentes personaxes musicais. Actualmente é a baixista e voz de GRIMA, guitarrista, baixista e cantante de MOLOCH, guitarrista e cantante de Monrovia e música da Orquestra Metamovida como baixista ocasional. Todos estes proxectos teñen a súa sede en Pontevedra e brindaron unha longa experiencia como música escénica e creadora nos ensaios. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, posgrao en Xestión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela, estea moza de 24 anos encárgase das actividades grupais para nenos de Ritmo na Lúa, Noise in the Jungle (xunto con Gonzalo e Violeta), ademais de dar clases individuais de guitarra, baixo, piano, batería e iniciación ao uso da voz. Esta moza traerá alegría e enerxía aos máis pequenos e a todos os que están por diante dela.

INFORMACIÓN:

Estudo Bonobo

Grima

Moloch