Laura Lamontagne

Laura Lamontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio en xullo de 2019. Na súa proposta misturan composicións medieváis galaico-portuguesas, ambientes hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. Melodías suaves, bucles vocáis, persusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos pilares da súa particular expresión artística. Con impulso Beatnik, mostran a raiba e o desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida.

Durante este primeiro ano de vida, pasaron por festiváis como Atardeceres no Gaiás, Agrocuir, Eidos Fest, Cantos na Maré e San Froilán. Aportaron música á apertura da exposición “Galicia. Un relato no mundo”, pasaron polo programa musical FEEEL, da canle BETEVé de Barcelona, polos ciclos MUBEA na Alhambra en Granada e conseguiron o primeiro posto na lista “10 Demoscópicos Galicia-Castilla León 2019” de Mondosonoro. Neste 2020, son galardonados co premio Martín Códax da Música na categoría de Músicas Urbanas.