Linda Guilala

Cando JUNIPER MOON separáronse en 2005, Iván e Eva xa tiñan claro que querían continuar con outro proxecto musical igualmente enerxético e eléctrico. Fans fieis do cinema xaponés de ciencia ficción dos anos 60 e 70, buscaban que esas ondas espaciais e os monstros doutros universos fosen parte da inspiración para ese novo grupo, así que adoptaron o nome dun monstro, Guilala (Girara en xaponés), unha especie de paxaro xigante con tres antenas que viaxa en forma de espora encima dunha nave desde Marte e, ao chegar á terra, faise xigante e tenta arrasar o país nipón en “The X from Outer Space” (1967).

Pronto as súas maquetas crean pequenos grupos de seguidores, especialmente entre recoñecidos locutores e programas radiofónicos, como Flor de Pasión, Toxicosmos, Disco Grande ou La Merienda. En 2009 editan o seu primeiro disco, “Bucles Infinitos”, unha demostración dunha maneira de entender o pop que poucos han sublimado ata este nivel, sabendo equilibrar a enerxía xuvenil, a paixón twee con querenzas polo pop máis clásico, o tecno-pop máis luminoso con ese toque punk irremediable, e sobre todo o brillo brumoso das atmosferas shoegazers, dando lugar a un auténtico tratado para os amantes do xénero melódico por antonomasia coa inmediatez como modus operandi, mantendo unha frescura máxima nas melodías, co mellor da tradición pop de bandas da nova onda española como ALASKA Y LOS PEGAMOIDES ou LOS ZOMBIES, coa insolente enerxía de HELEN LOVE, e esa paixón polas texturas densas pero cativadoras de grupos como THE CHARLOTTES, LUSH ou PALE SAINTS. Posteriormente editaron os single “Bucles Infinitos” e o EP “ Paranormal” dedicado a esas figuras do cinema de terror- B que tanto lles gustan, en 2014 publican “Xeristar” un Mini- Lp 10″ con 6 cancións. E en xuño 2016 publican o seu segundo álbum “ Psiconáutica”.

WEB DE REFERENCIA

FACEBOOK DA BANDA