Luz Casal

Luz Casal é unha cantante galega de pop-rock e unha das solistas máis valoradas da música popular española. Tras os seus éxitos dentro do país nos anos oitenta, logrou fama internacional, especialmente en Francia, sobre todo tras incluírse dúas dos seus temas na película Tacóns afastados, de Pedro Almodóvar.

Baixo metáforas poéticas ou con letras urbanas e actuais, Luz Casal presenta un ramallete de cancións crúas e fermosas, sempre descargadas de prexuízos. A súa voz paséase entre a cadencia da bossa e a electricidade do rock and roll, achégase á rancheira e espreme a capacidade dramática das baladas.

WEB DA ARTISTA