Margarida Mariño

Natural de Vigo comeza os seus estudos de violoncello á idade de oito anos no Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade con Isabel Figueroa. No ano 2008 trasládase a Barcelona para licenciarse no Conservatorio Superior Liceu baixo a tutela de Anxo Luís Quintana e Arnau Tomás.

Tocou en recoñecidos festivais como o Voll Damm Jazz de Barcelona, Pop Arb, VallSonora ou Curtcircuit e compuxo e interpretou música orixinal para diferentes obras como o curtametraxe Puzzle, de Nicolás Ferglez ou o espectáculo Good Luck, de Alfonso Rivera.

Na súa formación tamén recibiu clases de prestixiosos violoncellistas tales como Cristoph Coin, Barbara Switalska, Asier Polo ou Herre Jan Stegenga e formou parte de distintas orquestras a nivel nacional como a Real Filharmonía de Galicia ou internacional como a Orquestra Réssonnance en Suíza ou La Via dei Concerti.

Actualmente é membro do Ensemble Galería e a OSV430, á vez que desenvolve o seu proxecto en solitario fusionando o violoncello clásico con electrónica.

Ademáis, de todo isto formou parte de diversos grupos e recibido diversos premios. Convidámosvos a coñecela un pouco máis nas súas redes e web.

WEB DA ARTISTA