Marina Vigo

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Chifro"

É unha das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas II

A gaiteira e arreglista viguesa, Marina Vigo, comezou a tocar a gaita con 13 anos, continuando os seus estudos no 2011 co “Grao Avanzado de Gaita” na “ETRAD – Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional”, ó mesmo tempo que obtiña o “Grao Profesional de Gaita” no “CMUS – Conservatorio Profesional de Música de Vigo” e posteriormente o “Título Superior de Música – Interpretación, Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia” no “CSM – Conservatorio Superior de Música de Vigo”. Marina completa a súa formación cun “Mestrado Universitario en Teatro e Artes Escénicas”, un “Mestrado Universitario en Formación de Profesorado” e un “Grao en Linguas Extranxeiras”. Dende o ano 2015 exerce de docente de gaita e percusión en diferentes escolas e asociacións.

Marina Vigo é integrante do grupo de folk “Cantometrics” xunto a Sandra Pérez (marimba), Nébeda Piñeiro (percusións), Luís Sánchez (percusións) e Iago Camaño (acordeón).

No 2022, “Cantometrics” publica o seu sinxelo “Chifro”, gravado dentro do Programa Mentoring de Descúbreas II. Unha interesante proposta que recupera e revisiona o arquivo sonoro de Alan Lomax. O single é unha actualización do tema “Toque de chifro” que Lomax gravou en Faramontaos (Ourense) a José María Rodríguez, capador, en 1952. A banda non foi a primeira en descubrir o poder evocativo desta melodía de chifre, Miles Davis xa a popularizara no seu disco “Sketches of Spain” en 1960. Pero a versión de “Cantometrics” é especial porque substitúe o chifre orixinal pola gaita, acompañándoa de marimba, acordeón e percusións.

Marina, xunto a súa banda “Cantrometrics”, alzouse co 3º posto nos “Premios Xuventude Crea 2022” na categoría de música. No 2023, a banda produce novos temas coa productora musical Salomé Limón, gañadora de 5 “Latin Grammy”.

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.