Maritxu Alonso

Maritxu Alonso é educadora social, profesora, música, fotógrafa e investigadora musical. Desde que naceu non se separou do seu cámara de xoguete, coa que aprendeu a mirar o mundo, nin do seu magnetófono de casete, onde cantaba e gravaba cintas experimentais. Aos oito anos comezou clases de piano, guitarra clásica e linguaxe musical. Na adolescencia abandonaría o ensino regrado para mergullarse na escena punk, onde comezou a tocar instrumentos eléctricos de forma autodidacta, a realizar fanzines e a montar concertos. Diplomouse en Educación Social pola Universitat Autònoma de Barcelona, graduose en Estudos Hispánicos polo Centro Universitario CIESE-Comillas e estudou tres másteres pola Universidade de Cantabria. Obtivo a Formación Profesional de Laboratorio de Imaxe e a titulación de Experta Universitaria en Rock coa especialidade de baixo eléctrico pola Universidade Miguel Hernández de Elxe.

Traballou varios anos en Sala Escenario Santander facendo labores de montaxe e produción musical, así como coordinando a Escola de Rock para peques e adolescentes. Tamén formou parte de numerosos festivais nacionais e foi profesora de rock para mulleres adultas na Escola de Empoderamento Feminista do Concello da Coruña. É a creadora de Uterzine e a autora do libro Mujeres Punks: Las Pioneiras de Nuestra Escena xunto á ilustradora Helen Sotillo. Actualmente atópase escribindo o seu seguinte libro sobre Feminismos e Punk.