Más Que Guitarra

VIGO

Más Que Guitarra é unha escola musical especializada no ensino da guitarra para nenos e adultos.

Que equipo teñen?

  • Guitarras de todos os tipos: clásica, acústica, 12 cordas e eléctrica (sólida e de caixa).
  • Instrumentos de corda relacionados co mundo da guitarra: baixo eléctrico, ukelele e banjo.
  • Batería electrónica para exercicios de coordinación rítmica e montaxe de cancións con banda.
  • Piano.
  • Amplificadores con cascos para guitarra eléctrica.
  • Equipo completo de amplificación para simulación de concertos acústicos: instrumentos e voz.
  • Sistema de altofalantes de alta calidade para escoitar as cancións propostas con nitidez e claridade.
  • Conexión a internet para traballar con youtube. Desta maneira poderemos analizar os directos das cancións propostas e coñecer todos os seus segredos.

Que aprenderás?

  • Patróns rítmicos de acompañamento: rasgueos e arpexios máis habituais.
  • Posicións de acordes: tríadas e cuatríadas.
  • Escalas e iniciación ao punteo: guitarra solista.
  • Orientación en distintos estilos: pop, rock, reggae, funky, blues, etc.
  • Iniciación á teoría musical: intervalos, escalas, tonalidades, modos gregos, construción de acordes, funcións harmónicas…
  • Orientación na composición de temas propios: letras e armonía emocional.
  • Aprendizaxe das cancións que o alumno requira sempre que o nivel técnico esixido estea dentro das posibilidades do mesmo.

WEB DA ESCOLA