Mercedes Peón

Mercedes Peón é compositora, vocalista e instrumentista galega. A súa música contén unha variedade compositiva que comeza desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminando en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións fan desta muller unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.

Despois de profundar na tradición durante máis de 25 anos, en 2000 gravou o seu primeiro álbum, chamado Isué. Nos seus traballos posteriores Ajrú (2004) e Sihá (2007), as súas composicións levárona a unha particular atmosfera na que se achegou ao electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras. A principios de 2011 sae o seu cuarto traballo discográfico, Sós, máis próximo á música de vangarda. Catalogado como maduro, fresco, sorprendente e creativo, mostra un momento da súa carreira especialmente brillante, como proban os seus múltiples recoñecementos: Sós foi elixido polo World Music Charts Europe como Mellor álbum durante dous meses consecutivos, e a plataforma e marca musical Womex elixiu a Peón como artista recomendada en 2011, sumando estes a premios anteriores como o de artista do ano para Folkword en 2000, o nomeamento a artista do ano da BBC Radio 3 ou o Top of the World de Songlines por Isué.

A finales de 2012, Mercedes Peón comienza una aventura musical con el grupo Warsaw Village Band, de Varsovia. Participa en una gira por el país polaco que culminó con su participación en el álbum Sun Celebration (2015). Todo ello combinado con la composición de su quinto disco en solitario, Deixaas, fruto de una intensa etapa de investigación sobre las posibilidades del arte sonoro.

Esta trayectoria hace de ella una de las artistas gallegas más destacadas de principios del siglo XXI.

A finais de 2012, Mercedes Peón comeza unha aventura musical co grupo Warsaw Village Band, de Varsovia. Participa nunha xira polo país polaco que culminou coa súa participación no álbum Sun Celebration (2015). Todo iso combinado coa composición do seu quinto disco en solitario, Deixaas, froito dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonoro.

Esta traxectoria fai dela una das artistas galegas máis destacadas de principios do século XXI.

CULTURA ACTIVA

WEB DA ARTISTA