MORDEM

Elba Fernández deuse a coñecer en 2010 baixo o pseudónimo de Jane Joyd e coa súa primeira maqueta resultou gañadora do ProYecto Demo de Radio 3 e o Festival Internacional de Benicássim. En 2012 publicou o seu primeiro EP, ‘‘ Shy Little Jane Presents: The Dramatic Talle Of Her Animals’, ao que seguiu unha segunda entrega un ano despois, “ Shy Little Jane Presents: So Lost In This Bleak Winter Landscape”, editados ambos por Origami.

Quen a coñeza daquela etapa, atoparán neste novo alter ego de Elba a mesma habilidade para crear ambientes e estados, pero en Mordem non predominan as cordas, e o folk da súa anterior encarnación deu paso a sons máis variados, ás veces próximos ao trip hop, outras ao novo R& B, o ambient, o pop, o dreampop… atravesado todo iso por pianos contemporáneos que van vertebrando, xunto coa voz e os coros, un novo estilo máis nórdico e menos americano.

WEB DA ARTISTA