Mulleres Galegas Kañeras (MGK)

MGK naceu  como un proxecto  de visibilidade e promoción de mulleres galegas do mundo da música, co obxetivo de reivindicar ó sector feminino no ámbito concreto da música rock, heavy e metal, ademáis de fomentar a música en galego.

Durante o mes de maio de 2014, Patty Castro, creadora do proxecto, fixo un chamamento a través das rede social de FB a todas as mulleres interesadas en participar. Unha vez que todas se poñen en contacto e se organizan, procédese á composición dos dous temas orixinais de MGK que representan ó colectivo. O 7 de marzo, o proxecto MGK presentouse no pub Transylvania de Vigo cunha festa para os mecenas do crowfunding (xa que esta foi a maneira de financiarse), medios e todos os amigos e colaboradores.

Actualmente, MGK é xa unha colectivo de mulleres galegas do mundo da música completamente consolidada. O obxetivo principal e seguir estando en contacto mediante as redes sociais e as comunicacións establecidas entre elas para seguir traballando por e para a música galega, para que o sector feminino na música “kañera” teña a visibilidade que merece. Por iso, MGK acepta a todas as mulleres que desexen unirse ó proxecto no futuro para darlle continuidade con nova música, novas oportunidades e novas experiencias.

MGK non busca o lucro persoal nin particular. Simplemente, busca a colaboración entre as mulleres galegas no mundo da música mediante un colectivo que as respalde e apoie, lles dea visibilidade , e sobre todo, no que poidan sentirse orgullosas e satisfeitas do que fan.

Facebook de Mulleres Galegas Kañeras

Instagram de Mulleres Galegas Kañeras