Músicas Galegas Ilustradas

É un proxecto ideado e levado a cabo por Laura Romero, ilustradora, debuxante urbana e a baixista da veterana banda de rock galega Zënzar.

Nace da mestura das facetas da súa autora e se crea co principal obxectivo de dar visibilidade ás mulleres músicas de Galicia (galegas ou referentes a Galicia) mediante ilustracións. En 2019 traballouse nun libro ilustrado titulado Ferreñas e Rock’n’Roll, que recolle a historia de 31 músicas e bandas femininas pioneiras e senlleiras do século XX. Actualmente o proxecto está formado por máis de 100 ilustracións (con máis de 200 mulleres retratadas) e varios gráficos onde se analiza a proporción de músicas e de músicos que participan nos festivais galegos.

INFO: Músicas Galegas Ilustradas