A cantante e compositora galego-suíza Nastasia Zürcher naceu no seo dunha familia de músicos. As súas cancións están cheas de ritmos e melodías multiculturais. Ten unha carreira baseada no bo facer e a liberdade creativa absoluta, abríndolle a esta completa artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte, boa onda e persoal maneira de facer sentir a música.