Natary Feel

Natalia Rial González (Natary Feel) é unha compositora e músico Viguesa que compaxina a súa carreira musical como artista e docente.

Dende pequena a música era o que a movía polo mundo e tiña claro que era al que se quería dedicar. No ano 2015 decidiu iniciar a súa carreira en solitario como Natary Feel comenzando a compoñer e crear a súa propia música acompañada da súa voz e guitarra.

Na súa formación, estudou o grao profesional de canto e é graduada en pedagoxía xeral e da linguaxe musical polo Conservatorio superior de música de Vigo. Recibiu masterclass de pedagogos musicais da talla de Emilio Molina ou Violeta Hemsy de Gainza entre outros, así como masterclass de canto e interpretación. Na actualidade, segue complementando a súa formación musical estudando o grao superior de canto.

É docente de canto, coro e linguaxe musical no Ateneo Musical de Bembrive.

Instagram da artista