Noelia Álvarez

Noelia Álvarez Rodríguez-Osorio (Madrid 1984). Cantante e técnico superior en electrónica. Con gran experiencia en música afroamericana (Soul, Funk, R& B, Gospel…) exerce de maneira autodidacta desde os 15 anos tanto en gravacións de estudo como actuacións en directo. Colabora con diferentes formacións e ten unha traxectoria moi interesante que podedes coñecer con máis detemento na súa web.

  • Desde setembro de 2015 traballa en Gain Over (Nigrán) e desde setembro de 2018 no Centro de Música Moderna de Ponteareas.
  • Two in the Mirror (Duo de versións, soul, Jazz, Pop & Funk)
  • Aretha Franklin Tribute Band (Soul, Funk)
  • Vigo Gospel Proyect (Cuarteto Gospel de voces e piano)
  • Gain Over Band (Grupo de Rock & Funk formado polos profesores da escola Gain Over)
  • Chow y la Diligente Reggae Band (Grupo Reggae liderado por Andrés Seoane Chow)
  • MCarballo Band (Música de autor)
  • Mixturarte (Espectáculo de Música, baile e performance liderado pola pianista Ana Belén Rodríguez García)​

Web de Noelia