noemi

Noemí Fernández

Actualmente a moza cantante e compositora compaxina a súa paixón pola música cos estudos de bacharelato, tratando de acceder a estudos universitarios. Dende que ten uso de razón ten vocacionalmente un especial interese na mediciña e a saúde pública, debido a que segundo ela as persoas móvense por algo tan importante como é a vida e o dereito a ela, e dende logo todo ser humano sexa da cultura, raza ou status social que sexa merécese que alguén se preocupe pola súa saúde, polo seu benestar e polo seu oco neste mundo. A súa vocación é axudar a todo aquel que precise axuda.

Noemi empezou a cantar e a tocar o piano aos 11 anos, e desde entón loitou polo seu soño, poder transmitirlle ao mundo todas as súas historias e pensamentos, á vez que emociona e mergulla a todo o que a escoita nun mundo paralelo dependente de cada canción. Aos 13 comezou a recibir clases de guitarra pola mesma razón, avanzar e facilitar o seu camiño ata a meta emocional que se propuxo. Ese mesmo ano saíu seleccionada para concursar na Voz Kids, non deu resultado; pero aos 15 anos presentouse de novo, quedando finalista no equipo do asturiano, Melendi. Toda esta situación supuxo un gran empuxón para poder chegar á xente, en especial ao público español, ao que lle debe o inimaxinable por todo o seu apoio.

Máis tarde no 2019 clasificouse como gañadora nacional do Tour Music Fest, representando así a España a nivel europeo na capital italiana en Roma. Ese mesmo verán comezou a escribir o que será o seu primeiro álbum, o seu primeiro “libro de relatos musical” (así o define ela mesma), onde conta as súas experiencias máis persoais coa intención de que todo o que as escoite senta identificado nalgún momento coa súa música, e así dalgunha maneira satisfacer o seu desexo de axudar ás persoas mentres que non ten os coñecementos suficientes para facelo por medios médicos; cantando cura almas, sa feridas e mesmo chega a limpar as bágoas daqueles que non teñen quen o faga. Cantar é a súa paixón, o seu salvavidas, o seu vocábulo e desde logo o seu soño.