Foto promo ROMA MÚSICA

ROMA MÚSICA

ROMA MÚSICA é arte de entraña, auténtica e indomable. Esta cantautora galega, popular e filósofa, é unha muller valente que non se axusta a ningún canon establecido, fai o que quere cando, como, onde e con quen quere. A súa música de autora, orgánica e singular, soa a fusión, folk, rock e ritmos latinos emocionando de verdade desde dentro; e as súas letras, coidadas, francas e luminosas, viaxan directas a ese lugar que nos conecta coa alegría de vivir. 
Tras a súa entrada estelar no panorama musical in streaming coa subida da súa famosísimo “DÁLLE, DÁLLE” a todas as plataformas dixitais, ROMA MÚSICA está a piques de adiantar un dos temas que compoñen o seu novo álbum “MULLER FONTE” que dá nome ao disco. Con este himno de liberdade e alegría, de letra revolucionaria e poderosa revela un son que é pura fusión e orixinalidade.   
 
Se o que buscas é un produto industrial, non lle deas ao play.