Rosa Cedrón

Rosa Cedrón é unha cantante e violonchelista galega natural de Monforte de Lemos (Lugo). Salta á primeira liña da escena musical estatal por mor de formar parte do grupo Luar na Lubre formación coa que chega a colaborar con artistas da talla de Mike Oldfield, a Barbaría do Sur ou a Orquestra Nacional de Cuba. A partir do ano 2005 dedícase á súa carreira en solitario e publica o seu primeiro disco Entre dous mares en 2007. En maio do 2016, Rosa Cedrón publica Nada que perder un álbum no que experimenta nos límites da world music, sen clichés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz, onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmosfera personalísima que só Rosa pode chegar a crear.

Enlaces de interese:

YouTube

Facebook

ESCÓITAA