Sabela

Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, naceu en Bravos, Ourol. É unha cantante e compositora que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018.

Formouse musicalmente dende cativa. Comezou con clases de gaita aos 6 anos e comezou no conservatorio aos 7 anos no que cursou o grado medio de clarinete. Estudou o grado en Terapia Ocupacional e un máster en musicoterapia mentras ia a clases de canto impartidas por Rosa Cedrón.

Os seus inicios artísticos foron con grupo de música tradicional galega, Muxarega, do que comezou a formar parte con 16 anos. Tamén colaborou co acordeonista Andrés Penabad. Posteriormente formou o dúo Bahut, xunto ao guitarrista Mateo Bruquetas co que realizaba actuacións en pequenos locais, vodas e preparaba o lanzamento dun disco antes da súa entrada en Operación Triunfo.

En 2019 lanzou o seu primeiro álbum, “Despedida”, no que mestura cancións en galego con temas en castelán.

Instagram de Sabela

Twitter de Sabela