Sanny

Sanny é o proxecto liderado por Sandra Gómez, cantautora viguesa que comeza a súa traxectoria en solitario no ano 2012. Dende entón, acompañada como é costume da súa guitarra e harmónica, percorreu escenarios de distintos puntos do país. As súas influencias veñen principalmente do folk-rock norteamericano e de compositoras indie contemporáneas como Phoebe Bridgers ou Sharon van Etten. No verán do 2019 grava o seu EP debut nos Estudios Mans (A Coruña). O resultado será “Loners Downtown”, que sae á luz en novembro dese mesmo ano e no que a formación amplíase coa incorporación de Anxo Paz á percusión. O traballo está formado por cinco cancións nas que se explora o tema da soidade e nos que se evidencia claramente a influencia do son ‘Americana’ así como de artistas máis próximos ó indie como Elliot Smith ou Bright Eyes. Nos meses seguintes, realizan unha xira pola xeografía galega presentando dito traballo. Cun directo honesto e cargado de emoción, aproveitan tamén para repasar moitos outros temas propios do seu repertorio.

Durante o confinamiento debido á pandemia, a principios de 2020, realizou varios concertos en streaming dende casa, organizados pola propia formación ou colaborando en diferentes eventos online.

No momento presente, está a traballar no repertorio do seu próximo traballo.

INSTAGRAM DA ARTISTA