sara-baños

Sara Baños

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Guiri en mi ciudad"

É unha das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas II

Sara Baños é unha xoven compositora viguesa e estudante de Enxeñería Industrial que forma parte do dúo “Todo Mal” xunto a María Lago, graduada en Enfermaría. Ámbalas dúas son amantes da música dende a infancia e inician este proxecto musical no 2022 coa publicación do seu primeiro single “Chica Integral”, que chamou a atención do programa de maquetas e bandas emerxentes “Capitan Demo” de “Radio 3”. O dúo atopa a súa inspiración para compoñer en festivais de música nacionais, onde reciben a influencia de grupos como “Ginebras”, “Lisasinson” ou “Cariño”.

“Todo mal” publica o seu segundo sinxelo, “Guiri en mi ciudad”, dentro do Programa de Mentoring de Descúbreas II. Unha canción pop indie que fai unha divertida homenaxe a Vigo e que está dedicada a esas persoas que lles gusta visitar a cidade na que viven coa mirada dun turista, mentres se sorprenden cos seus encantos. 

Despois do seu paso por Descúbreas II, Sara Baños continúa compoñendo cancións para publicar o seu primeiro EP dentro do proxecto “Todo Mal”.

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.