Sés

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa dabondo mostrada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galicia e parte do estranxeiro, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que chama á unión e a cuestionarse o establecido.

WEB DA ARTISTA

ESCÓITAA