Sheila Patricia

Sheila Patricia é filla dunha galega e dun arxentino/asturiano. Podemos percibir perfectamente toda esta mestura nas súas composicións, con trazos característicos do folclore de ambos os lugares, sempre arroupada polas cordas dunha guitarra, un instrumento que unifica os dous continentes. Unha continua preocupación polo seu, pola súa terra, resplandece no discurso dos seus espectáculos actuais. Historias de mulleres, da súa avoa e das avoas que configuran a vida e a fortaleza feminina que porta Sheila.

A súa crianza, nas Rías Baixas, próxima á fronteira con Portugal, non deixan indiferente á súa percepción da música. Sheila, ten ese modo de cantar, similar ás veces ao «pranto» das fadistas, cun marcado “rubato” e con gran profundidade na interpretación.

Actualmente Sheila investiga a mestura dos sons máis actuais e electrónicos, conservando a esencia do acústico, traballo que verá a luz este 2021 baixo o nome de «ORIXE».

Web de Sheila

Facebook de Sheila