Silvia Penide

Silvia Penide edita un novo EP con cancións e poemas escritos durante o confinamento de marzo a xullo de 2020. “Los Días De Plomo” é o título do álbum que chega ademais coa colaboración do cantautor Víctor Manuel. Sen dúbida, transportará a Penide, dúas veces gañadora do Premio Martín Códax da Música Galega, un chanzo máis arriba na súa ascendente carreira.

O seu persoal pop de autora levouna por escenarios como os “Escenarios Cómplices de Mahou” (por onde pasaron grupos como La Fuga ou Los Secretos). Ademais de en importantes festivais como o “Festival Noroeste Estrella Galicia”, o “Festival da Luz” ou o festival “Ellas Crean” en Madrid.

Unha artista que está nun momento de alto potencial artístico e que traballou con algúns dos mellores produtores do panorama nacional como Arturo Vaquero (nomeado a un Premio Goya), Juan de Dios Martín (produtor de discos de Amaral ou El Kanka entre outros) e David San José (Ana Belén, …).

FACEBOOK

INSTAGRAM

TWITTER