Teresa Ferreiro

Teresa Ferreiro naceu en Santiago de Compostela en 1989. Parte da súa familia interésase pola promoción e protección das tradicións da cultura folclórica galega. Con todo, a educación musical que recibiu na casa viña dada por parte da súa nai e centrábase na música latina: o bolero, a salsa, o merengue, a cumbia o pop latino, entre outros xéneros. Seguindo o desexo de descubrir distintas formas de expresión e diferentes puntos de vista, Teresa mudouse a Londres despois de rematar a carreira de Belas Artes en Pontevedra. Alí estableceu relación con xente de diferentes nacionalidades e ambientes, moitas destas persoas, interesadas na música electrónica. Comenzou a vivir cun grupo de djs (Cheeky Soundsystem) no Sur de Londres, que construíron o seu propio sistema de son para usar en festas. Ao mesmo tempo, involucrouse na vida activista prol-feminista e prol-dereitos LGBTQ e traballou diseñando carteis para o coñecido club LGBTQ Dalston Superstore, para as festas queer Happy Endings. Estas experiencias alimentaron a pasión pola investigación musical e polos rituais sociais ao redor da música e a danza.

Nos seus sets pódense atopar desde un canto histórico de salsa sobre a rebelión africana contra os colonialistas españois por Joe Arroio, pasando polo xénero house/nu-disco de RuPaul e mesturando as cancións de Leilía con techno escuro e experimental.

Behance de Teresa Ferreiro

Facebook de Teresa Ferreiro

Instagram de Teresa Ferreiro