mirror

The Mirror

The Mirror nace en 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes con longas traxectorias no mundo da música, que decidiron poñerse a traballar xuntos cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista – actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista – actualmente é Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais.

Neste breve pero intenso período de tempo comezaron a asomar a cabeza pola escena musical miñorana e viguesa, participando en festivais como o Solpor de Monteferro, o Mercado da Música da Guarda ou o Sons do Casco de Baiona, municipio onde tamén gañaron o premio á mellor canción galega de 2019 con “Nada é noso”, onde a banda abandonou as súas letras en inglés para compoñer un tema en galego reivindicando o coidado do medio ambiente e criticando os incendios masivos sucedidos en Galicia.

Seguindo con este ton reivindicativo e de loita, o 29 de maio de 2020, tras unha dura corentena para a música, THE MIRROR presentou o primeiro single e videoclip “Brand New Sunset” (Novo atardecer) do seu primeiro disco de temas orixinais. Nos primeiros días, Brand New Sunset xa contaba con máis de 4000 visualizacións en Youtube e cunha moi boa acollida do público e dos medios. “Brand New Sunset” é unha canción de rock moi potente pero tamén con certa melancolía e cunha letra que fala da superación dos máis duros obstáculos para conseguir os teus propósitos. Na gravación do videoclip contaron coa participación da coñecida atleta paralímpica Desirée Vila e outros artistas e entidades de Vigo, Val Miñor e o Baixo Miño. O videoclip foi gravado por Miguel de la Peña, de Baixo Miño Estudios, onde tamén se gravou e produciu o primeiro disco da banda e que foi masterizado en North West Mastering, A Coruña.

Máis recentemente, en 2021 The Mirror foi a banda escollida pola Deputación de Pontevedra para a celebración do Día da Música en Vigo, cidade onde tamén gravaron varios temas en directo na emblemática Sala Radar, con Pablo Iglesias aos mandos.

O seu primeiro álbum contén nove temas orixinais en inglés cun son fresco, contundente e marcado pola orixinalidade das traballadas e sentidas armonías dos seus dous vocalistas (femenina e masculino) que tanto caracterizan á banda e que prometen non deixar a ninguén indiferente, tal como describe a crítica.

“Un álbum debut fantástico, de esos que hay que escucharse en bucle. Grandísimo trabajo.” – Iñaki Marabao de Arpha Press

“¿Se puede sonar a la vez a Red Hot Chilli Peppers, Janis Joplin y Led Zeppelin y salir airosos del intento? Se puede, y además con nota. Los gallegos The Mirror lo demuestran, porque a todo esto y mucho más suena su disco debut homónimo, una puesta de largo por todo lo alto en la que nos brindan treinta y ocho minutos de brillantez en los cuales fusionan lo mejor del rock, el funk, el soul y el hard rock.”David González de la revista Rock4Spain

“Con intensas canciones de muy inmenso “groove” (…) la formación Pontevedresa se muestra como unos muy competentes revivalistas setenteros (…) y hay que tenerla muy en cuenta dentro del rock peninsular” – Revista Muzikalia