Yhadira

Yhadira é cantante e compositora compostelá. Empezou desde moi pequena a súa relación coa música e segue sendo unha parte esencial na súa vida.

Tras pasar por distintos programas de televisión, como “La Voz” en Telecinco, toma a decisión de reunir as súas mellores cancións e gravar o seu primeiro disco en solitario, “Estúpida sentimental” (2015). Ela sempre agradece todo o aprendido, pero explica:  “deime conta, de que o meu lugar, eran as salas de concertos, os estudos de gravación, os teatros, os escenarios no medio da rúa, ou a rúa sen escenario pero con música… E, sobre todo, deime conta de que quería capitanear, os meus propios proxectos”.

Facebook de Yhadira

Instagram de Yhadira

Web de Yhadira