Yoly Saa

Yoly Saa é unha moza de Pontevedra que xa é considerada un dos talentos emerxentes do noso país. Trasladouse a Madrid, co obxectivo de facerse un oco no panorama nacional musical. Durante este tempo contou co apoio de artistas como Andrés Suárez, Dani Fernández ou Marta Soto entre outros.

O seu primeiro EP titúlase “Magma” e agora traballa como compositora para Warner Chapell Spain. Unha faceta na que destacan o carácter e a sensibilidade que asolagan as súas letras.

INSTAGRAM