Zeltia

Zeltia

Zeltia é compositora e cantautora galega da península do Morrazo. Está ultimando os detalles do seu traballo máis persoal que está a piques de saír, o álbum LP “Vacaloura”, xunto coa súa banda “Zeltia e Irevire” e coa colaboración de diversas artistas.

Con corazón de Folk Tribal e aberta á mestura de estilos, caracterízase pola súa plasticidade e orixinalidade, polo que dependendo da ocasión, poderedes atoparvos cunha versión ou outra da súa arte.