PURPLE KISS

Purple Kiss estrea o videoclip de “Zombie”

A banda feminina surcoreana Purple Kiss acaba de estrear o colorido videoclip de “Zombie”, un tema escrito por Kim Do Hoon e Kang Ji Won. O tema, de son electro-pop con toques funk, formará parte do seu novo mini álbum ” Hide & Seek”.

O divertido videoclip mostra unha especie de apocalipse zombie do que Purple Kiss logra saír indemne. Non o perdas!