Que fai unha manager?

Compartir

Unha manager é un elemento esencial na carreira dunha artista e mesmo dunha compositora, xa que, a medida que afondes na escena musical, os procesos fanse cada vez máis complexos. Ao principio quizais non sexa mala idea tentar xestionalo unha mesma e así coñecer algúns aspectos do negocio directamente, pero chegará un momento en que poderás comprobar que necesitas axuda para entender as claves da industria musical e para poder sacar adiante todos os procesos con axilidade. Para iso están as managers.

Deberá ser unha persoa entusiasta, con coñecementos e contactos no sector, e as súas funcións son moi diversas xa que pode ocuparse de calquera aspecto da carreira dunha artista, desde asuntos legais e de xestión de todos os rendementos da artista, pasando por cuestións de asesoramento artístico, musical e estético, ata aspectos persoais se se dá o caso… Ao mesmo tempo debes saber que non é fácil que unha profesional decida investir o seu tempo e o seu diñeiro no teu proxecto se este non é suficientemente impactante ou se non ve en ti un valor seguro con relativa claridade, polo que che recomendamos que traballes duro e aprende moito para que cando chegue o momento, unha manager considérete un «bo investimento artístico».