ANA GUERRA

“Qué Sabrán” é o novo e comprometido tema de Ana Guerra

Compartir

Ana Guerra está de volta con “La Luz Del Martes”, un novo disco que verá a luz este 24 de setembro. E xa podemos escoitar o seu primeiro avance, o bailable “Que Sabrán”, un comprometido tema que fala sobre a liberdade de amar e de ser un@ mism@.

A artista declarou sobre este novo single: “Que Sabrán non é só unha canción. É o berro de moitas persoas ás que durante moito tempo non se lles escoitou. É un berro de igualdade, de liberdade, de amor.”

Descobre xa o seu videoclip: