Non pasaron nin 24 horas e o videoclip do novo tema conxunto entre Rosalia e a artista dominicana Tokischa, “Linda”, supera xa os 2 millóns de visualizacións en Youtube.
O sinxelo, que foi producido pola propia Rosalía xunto a Leo RD, fusiona a música urbana con sonoridades flamencas e latinas, como vén sendo habitual na artista catalá.
O videoclip foi rodado en República Dominicana, e mostra unha tremenda festa feminina de reivindicación da liberdade sexual. Descúbreo xa!: