Rumia

Rumia estrea o videoclip de “Everything I Did, I Did It Just For You”

Compartir

A artista galega afincada en Berlín Rumia acaba de estrear o videoclip do seu novo single “Everything I Did, I Did It Just For You”, un tema producido por Manuel Colmenero (produtor de artistas como Vetusta Morla ou Nena Daconte) que formará parte do seu álbum debut.

A canción reflexiona sobre unha relación amorosa. En palabras da artista: “Volvendo ao meu álbum e lanzamento dos primeiros sinxelos, inspireime nunha das miñas primeiras relacións amorosas que tiven hai 10 anos. Para min, o proceso de composición chegou por sorpresa, non esperaba ir nesa dirección, pero parece que algo necesitaba ser visto desde unha perspectiva máis madura de min mesma.”.

Georgina Pretto dirixe o videoclip, no que vemos á artista pensativa e recordando fragmentos dunha noite de festa: