Sabela

Sabela presenta “Ya No Me Quiero Ir”

Compartir

A artista galega Sabela Ramil acaba de presentar “Ya No Me Quiero Ir”, un novo sinxelo de sonoridade ambient/electro-pop que se afasta do estilo intimista de “Despedida”, o seu álbum debut. 

O tema fala dos medos á hora de comezar unha nova relación tras unha mala experiencia anterior, e o seu videoclip, dirixido por Silvia Grav e Isabel Padilla, mostra imaxes de diferentes momentos nunha relación de parella interpretada pola propia artista xunto a Claudio Portalo.  Cunha melancólica estética retro vintage, o clip foi rodado en diferentes localizacións da mariña lucense.

Non o perdas!