Samudra Trío estrea “Danzón” de Paquito d’Rivera

Samudra Trío son Laura, Jimena e Yamini. Uniron os seus camiños para amosar unha nova visión da música de cámara no panorama galego cunha formación pouco común. Dende as súas orixes e vivencias, xurden os sons que conforman os tres timbres cos que buscan explorar nas posibilidades sonoras dos seus instrumentos musicais: vento, corda e tecla (frauta, cello e piano).

Provindo dunha formación e dunhas experiencias musicais moi diversas, Samudra Trio nace do diálogo, da escoita e da curiosidade. Pouco tempo despois da primeira aparición de Samudra Trio no mundo audiovisual con L’aube enchantée de Ravi Shankar, as tres lanzan a súa gravación audiovisual en directo do Danzón, composto polo recoñecido músico de jazz cubano Paquito d’Rivera. Esta peza trasládanos ás sonoridades e ritmos máis característicos de Cuba. A diversión e a espontaneidade da música invítanos a bailar.

Aquí vos deixamos Danzón para que a desfrutedes: