Sara Casas

Sara Casas, mentorizada de Descúbreas II, lanza o videoclip do seu novo sinxelo

Compartir

Sara Casas, mentorizada da II Edición de Descúbreas, acaba de estrear o videoclip do seu novo sinxelo “El Ritmo De La Ciudad”, realizado por Luis de 24Kilates e rodado en Vigo.

O tema, de sonoridade reggae, entremezcla inglés e castelán e invita a soñar, bailar e liberarse da rutina.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Descubre xa o novo videoclip de Sara Casas!