ses

Sés anuncia disco e estrea o single “Cantan as balas”

Compartir

O vindeiro 25 de novembro Sés publicará o seu esperado novo disco “Diante un Eco”, un álbum formado por 12 temas que se moverán entre o rock, a canción de autor, a música tradicional ou mesmo as sonoridades latinas, e que foi definido por ela misma como “unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez e, sobre todo, desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural”. 

De momento xa podemos descubrir o seu primeiro avance “Cantan as Balas”, un tema de denuncia gravado e masterizado por Xabier Ferreiro que chega acompañado dun videoclip realizado por Sara Traba.

A artista estará presentando este novo disco acompañada de toda a súa banda nunha xira que tendrá parada en varias cidades galegas:

Santiago de Compostela. Auditorio de Galicia 17 de decembro 2022

A Coruña. Palacio da Ópera. 10 decembro 2022

Lugo. Sala Trebas. 14 xaneiro 2023

Ourense. Auditorio Municipal. 21 xaneiro 2023

Vigo. Auditorio AFundación. 28 de xaneiro 2023

Narón. Auditorio: 3 Febreiro 2023

Madrid. Festival de las Estrellas. 23 febreiro 2023

Ponferrada. Teatro Bergidum. 15 abril 2023