Silvia Penide

Silvia Penide estrea single xunto a Andrés Suárez: “Una Pared Tembló”

Compartir

“Una Pared Tembló” é o novo da cantautora galega Silvia Penide, un emotivo e acústico tema que conta coa colaboración do ferrolán Andrés Suárez e que está dedicado a todas as salas de concertos que se viron obrigadas a pechar durante a pandemia. A artista acompañou o lanzamento dunhas palabras en agradecemento ás salas: “Grazas por existir, o noso aplauso, como un paraugas para a choiva, sodes lugares eternos”.

O tema está producido, gravado e masterizado por Paul Álvarez, quen tamén é responsable das guitarras. O deseño da portada do single é unha ilustración obra de Sucede Arte Visual.

Non te perdas como soa “Una Pared Tembló”: