Un “Taller de Composición” será o primeiro dos obradoiros de Descúbreas 3

Compartir

Xa podes escribir “A mellor canción do mundo” no novo taller de composición de Descúbreas.

Compoñer é, sen dúbida, unha das partes fundamentais da rutina de aprendizaxe e evolución de calquera artista. Con todo, pode chegar a converterse nun proceso lento e frustrante se non temos coñecemento dos recursos musicais necesarios para poder impulsar o noso traballo e evitar transformarnos en vítimas do bloqueo creativo, algo completamente normal á hora de buscar inspiración para facer música propia.

 

En Descúbreas, sexas profesional ou afeccionada, queremos axudarche a descubrir todos pasos para sacar partido dos teus mellores temas. É por iso que poñemos en marcha o noso novo taller de composición “A mellor canción do mundo”. Nel non só coñecerás as mellores técnicas para escribir cancións de éxito, tamén poderás formar parte dun espazo de confianza didáctico onde terás a oportunidade de compartir experiencias con novas compañeiras e escoitar as testemuñas de mulleres que traballan na industria musical galega. 

 

Que necesitas para ser unha máis? Os únicos requisitos son saber tocar algún instrumento e ter intentado compoñer algunha vez. Agardámoste o sábado 29 de abril na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (rúa de Eduardo Chao s/n) a partir das 10:00h da mañá.

Durante esta xornada aprenderemos todos os trucos para compoñer en distintos estilos da man de dúas artistas referentes no sector musical galego.

Levaremos a cabo un obradoiro de composición urbana con Wöyza, cantante, compositora e productora galega pioneira na escena HipHop que conta con máis de vinte anos de experiencia na industria e numerosas mencións a mellor música urbana.

Tamén estará connosco María Pérez, integrante de Fillas de Cassandra, para ensinarnos os seus segredos á hora de compoñer música pop. A cantante, pianista, compositora e nai do proxecto musical Fillas de Cassandra, dúo que vén de publicar o seu primeiro debut discográfico: “Acrópole” (2023), un álbum conceptual inspirado nos xéneros folk e pop do que emerxe unha importante mirada feminista sobre o mundo contemporáneo a través das heroínas dos textos clásicos gregos.

Se estás interesada, mándanos a túa reserva ao email info@descubreas.com e che enviaremos as instruccións para que aproveites esta actividade do mellor xeito posible. A que estás a agardar? Únete a nós e comeza a escribir “as mellores cancións do mundo”

Os obradoiros de Descúbreas son unha oportunidade excelente para coñecer cómo funciona a escena musical desde dentro e compartir experiencias con outras rapazas interesadas na música.