O trío de pandereteiras Tanxugueiras anunciou que publicará o seu novo e terceiro disco de estudio, “Diluvio”, este próximo 29 de xullo.
O álbum estará editado por Calaverita Records e no seu tracklist, formado por 10 temas, non faltarán cancións com “Terra”, “Figa”, “Midas” ou “Pano Corado”.
Definido como “unha viaxe de preguntas, de cuestionar crenzas e presuntas culpas. Un camiño a través dos verbos ver, escoitar, equivocar, lembrar, recuperar, abrazar, empoderar”, o álbum está xa dispoñible en prevenda na páxina web oficial de Tanxugueiras.
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro prometeron ademáis un mes de xullo cargado de novidades.