Tanxugueiras acaban de ser elixidas pol@s eurofans como favoritas para representar a España no Festival de Eurovision do próximo ano en “La Elección Interna 2022”, unha enquisa anual que se realiza entre l@ s soci@ s e lector@ s do portal Eurovisión- Spain.com.
As galegas impuxéronse co seu tema “Figa”, que fusiona a música tradicional galega con sons electrónicos contemporáneos, a destacade@ s artistas nacionais como Rigoberta Bandini, María José Llergo, Ana Mena ou A Casa Azul.
A parte negativa é que a elección desta enquisa non é vinculante para participar na nova preselección de TVE para Eurovisión. Haberá que esperar ao Festival de Bernidorm para coñecer quen representará finalmente a España na 66 edición do festival, que se celebrará o próximo mes de maio en Italia.
A pesar diso, o resultado de “A Elección Interna 2022” é toda unha mostra do recoñecemento ao incrible talento feminino que temos en Galicia.
GRAZAS!!! Agradecidísimas por todo o voso apoio e cariño eurovisivo! Que viva o galego, a diversidade, as mulleres e a música! 😘😘😘 https://t.co/j4GoZPUqb9
— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) September 7, 2021