Tanxugueiras e Rayden únense en “Averno”, un novo single

Tanxugueiras e o madrileño Rayden uniron forzas en “Averno”, un novo tema que formará parte do novo disco do trío galego que verá a luz este 2022.
O single, cantado en galego e castelán, fusiona unha vez máis os sons tradicionais cos urbanos, A súa letra parte desde a lírica popular e fai referencia ao sentimento de rabia.
O inquietante e potente videoclip de Averno foi creado unha vez máis por Trece Amarillo, e a súa rodaxe tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, ademais de en distintas localizacións de Vigo e Marín. Conta co “cameo” especial dun tradicional peliqueiro interpretado por Javier Correa Conde.
O estudo de danza Feeling, capitaneado por Dii Ballesteros, é responsable da marabillosa coreografía que acompaña ao clip.
Non o perdas!
Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea