Rozalen

Tanxugueiras e Rozalén lanzan “A Virxe do Portovello”, novo single conxunto

Compartir

Tanxugueiras acaba de lanzar un novo sinxelo xunto a Rozalén. “A Virxe Do Portovello ” é un tema que fala de toda a xente que perdeu a vida no mar e que forma parte do novo álbum da artista albaceteña, “Matriz”, no que canta en castelán, euskera, catalán e galego e no que colaboran artistas como Eliseo Parra, Fetén Fetén o Rodrigo Cuevas.

O videoclip está dirixido por Juanma Carrillo e Imanol Legross é o responsable da impecable dirección de fotografía.

A artista acompañou o lanzamento das seguintes palabras: “Xa é voso este agasallo que me fixeron as poderosas Tanxugueiras. Leváronme a Galicia, coidáronme, ensináronme centos de letras antigas galegas… E déronme todo o protagonismo nunha das cancións máis fermosas que escoitei na miña vida… Consentindo cada detalle, a miña pronuncia, todo. Que todo o mundo saiba do inmenso talento, traballo, os valores e a xenerosidade destas Meigas”.

Descubre xa “A Virxe de Portovello”: