DESIDIA

Tanxugueiras estrea “Desidia”, unha reivindicación do autocoidado

Compartir

O novo adianto do terceiro disco de estudio de Tanxugueiras xa está aquí. “Desidia” é un tema que reflexiona sobre o autocoidado e a reivindica a liberación da culpa.

O seu poético videoclip, rodado nas Rías Baixas e protagonizado por Carla Cervantes e Justin de Jager interpretando a unha parella que atopa ese encontro e apoio a través dunha expresiva coreografía, foi realizado, como xa ven sendo habitual, por TreceAmarillo.

En palabras de Tanxugueiras: “Ás veces é necesario parar e escoitar ao noso corpo. Entender o que nos di e o que nos pide sen que nos teñamos que sentir culpables por non ser, non dar, non chegar ao que se nos esixe ou autoexigimos. Temos que sentirnos liberadas desa culpa. Podemos e temos dereito a parar, sen ser xulgadas, para poder volver, gozar de nós e dos nosos movementos, e pisar máis forte aínda”.

Non perdas o videoclip de “Desidia”: