Tanxugueiras

Tanxugueiras estrea o teaser de “Fame De Odio”

“Diluvio”,  o novo disco de Tanxugueiras, está a piques de publicarse e o trío de cantareiras acaba de lanzar o teaser do último adianto do álbum: “Fame de Odio”, para sorpresa das súas seguidoras e seguidores.

O tema está producido como de costume por Iago Pico en Pouland Studios e estrearase este venres 29 de xullo. O clip foi rodado nun “lugar espectacular de Compostela” e estará cheo de simboloxía e caras coñecidas.

Mentres esperamos a descubrilo por completo, non perdas o teaser!

 

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea